Esmagador apoio da asemblea de traballadores de Carsa ao ERTE no que non se inclúen os despedidos

VILAGARCÍA> Hai preacordo en Carsa, pero saltando polos aires a unidade sindical. A asemblea de traballadores votou hoxe a favor da aplicación dun ERTE no que non se contempla a readmisión dos traballadores despedidos hai dúas semanas. Si se establece a creación dunha bolsa de emprego na que terían prioridade en función da demanda. Representes da CCOO e os asesores da CIG levantáronse da mesa de negociacións ó non ter en conta a recontratación dos despedidos.

A asemblea dos traballadores ratificou hoxe o preacordo. Carsa aplicará un ERTE. Pero nese acordo non se contempla a readmisión dos 15 traballadores despedidos hai dúas semanas, tal como demandaba o comité de empresa. Os representantes de CCOO, sindicato minoritario e os asesores da CIG, levantaron da mesa para non ter que subscribilo.

O que si contempla é a creación dunha bolsa de emprego na que terían prioridade os traballadores despedidos. Porque insisten en que o lóxico sería que eses despedimentos quedasen anulados, os traballadores fosen readmitidos e se integrasen no ERTE como o resto do persoal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí