SANXENXO> Máis de 80 skaters participarán o domingo 25 de xuño no Rakayo skate open de Sanxenxo. A cita acollerá diferentes categorías deste deportes, dende sub 12 ata sktaers de nivel alto. A xornada estará amenizada tamén coa actuación de diferentes grupos musicais.
O Skate park de Portono acollerá o domingo a segunda edición do Rakayo Skate open. Un campionato que reúne na vila de Sanxenxo tanto a promesas como a skaters consagrados deste deporte. A organización conta xa con máis de 80 deportistas inscritos.
A participación dos máis pequenos é unha das novidades deste ano.
Dende o concello poñen en valor a celebración destes campionatos que permiten fomentar o deporte entre os máis pequenos e poñer en valor o skate park de Portonovo.
De feito, a construción deste skate park e o fomento do skate, permiten que cada vez máis mozos queiran dedicarse a esta modalidade deportiva. Na vila xa existe un club chamado viejo lobo school que conta xa con deportistas internacionais como Leonardo Vinicius.
A lista de inscrición está preto de completarse pero aínda está aberta ata o vindeiro xoves 22. O evento conta con outra novidade deste ano, haberá actuacións musicais nas que actuarán BRKO, Lux L, Astray e Aldara.