O concello comprométese a apoiar as reivindicacións das traballadoras de Cuca

    VILAGARCÍA> As traballadoras de Cuca contan dende hoxe co respaldo da corporación de Vilagarcía. Nunha xuntanza mantida esta mañá, o concello asegurou que apoiará as súas reivindicacións para lograr a volta da conserveira a Vilaxoán. Este venres, está previsto que a comisión manteña unha xuntanza cos representantes da empresa.

    A segunda xuntanza da comisión municipal para tratar a problemática do traslado de Cuca, rematou co posicionamento do concello a prol das reivindicacións das traballadoras.

    Nesta xuntanza estiveron representantes das traballadoras. Para elas, a xestión que o concello de Caldas fixo do conflito de Clesa, é un exemplo da implicación que debe asumir a corporación de Vilagarcía neste caso.

    Se hai vontade política, hai solución, é o que defenden os representantes da plantilla. Fole, pola súa banda, tendeu a man á empresa, coa que a comisión manterá unha xuntanza este venres.

    Despois desta xuntanza, a comisión manterá un novo encontro para decidir que medidas se deben adoptar.

     

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/17/comision_cuca.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/17/comision_cuca.mp4{/flowplayer}