Incendiase en Valga una nave industrial do narco “Pelopincho”

    VALGA> As altas temperaturas que se acadaron no interior do inmoble, completamente pechado, dificultaron os traballos de extinción.

    {flowplayer}images/salnes/INCENDIO_NAVE_PELOPINCHO.flv{/flowplayer}

    A media mañá o incendio estaba totalmente controlado, sen que chegara a entrañar ningún perigo para as vivendas do seu entorno. Segundo os veciños do lugar, a nave pertencería ó coñecido narcotraficante José Antonio Pouso, máis coñecido como Pelopincho. Na actualidade Pouso se atopa en busca e captura, despois de cumprir dúas condenas por tráfico de drogas e fuxir para evitar un xuízo por branqueo de capital. Na actualidade, a nave, os catro vehículos e a lancha que se atopaban no seu interior pertencían ó Estado despois de que fora embargados ó seu propietario. Todo quedou calcinado polo incendio, do que polo de momento se descoñecen as causas. Ata o lugar do suceso se desprazaron dous equipos de bombeiros de Ribadumia e Vilagarcía, efectivos da Garda Civil e Protección Civil de Valga.

    Redacción Salnés