O temporal deixa ao descuberto novos restos romanos en San Sadurniño

CAMBADOS> Cambados continúa descubrindo o seu pasado. O mal tempo erosionou o illote de San Sadurniño e deixou ao descuberto fragmentos da época romana. O concello estudará os restos e porá en marcha un plan para protexer a illa.

Nas últimas semanas o concello de Cambados está descubrindo parte da súa historia a través de diferentes achados. A semana pasada recuperáronse cinco pezas da antiga canalización do convento de San Francisco. Agora o mal tempo deixa o descuberto restos romanos no illote de San Sadurniño.

Estas non son as únicas pezas que se atoparon na zona. No barrio de San Tomé as obras no baixo dun edificio deixaron ao descuberto restos de ánforas romaras e dun pequeno muíño de man.

Ao marxe do descubrimento dos restos romanos, o concello mostra a súa preocupación pola continua erosión do illote de San Sadurniño. Para protexer a illa colocaranse uns bloques que non danen a natureza. A protección completarase cun estudo topográfico que se levará a cabo cun xeorradar.

O concello busca protexer así un dos seus grandes valores patrimoniais e turísticos. O restos atopados será trasladados ao museo de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí