Chega ás librerías ‘O Grove, foron outros tempos’

    libro_grove_100_300309.jpgO GROVE> A publicación recolle máis de mil fotografías sobre a historia, os costumes e as xentes do municipio meco.

    {flowplayer}images/salnes/300309_libro_grove.flv{/flowplayer}

    A economía, a cultura, o mundo do deporte, a educación ou a natureza. Tódalas facetas do Grove aparecen recollidas en 400 páxinas que repasan a historia desta vila. ‘O Grove, foron outros tempos’ é a publicación coa que Teófilo Edicións rende homenaxe ós mecos en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Trátase dun libro de autoría colectiva, xa que as máis de mil fotografías que inclúe foron aportadas por destacados persoeiros do municipio así como xentes anónimas ou mesmo o museo de Pontevedra.

    Teófilo Edicións segue adiante co seu apoio a causas solidarias e ó igual que fixo con outras publicacións, parte dos beneficios obtidos coas vendas deste libro irán destinados a Cáritas O Grove.

    Foron moitos os mecos que este sábado se achegaban ó café concerto TNT para asistir á presentación do libro. O evento comezou coa proxección dalgunhas das fotografías incluídas na obra, e estivo amenizado pola Coral Polifónica da Confraría de Pescadores de San Martiño, que interpretou tres pezas musicais, entre elas a tradicional ‘Lévame’.

    Redacción Salnés