Augas de Galicia rematará o saneamento do río Coroño

    corono100.jpgBOIRO> O Consello da Xunta aprobou o convenio para a execución da segunda fase dos colectores de saneamento no río Coroño.

    {flowplayer}barbanza/segundafasecorono.flv{/flowplayer}

    Para esta actuación Augas de Galicia achega un importe económico de máis de 840 mil euros distribuídos en dúas anualidades, 2010 e 2011. 

    Este proxecto ten como principal finalidade dotar de saneamento os núcleos de Boiro que na actualidade carecen deste sistema como é o caso de Mieites, Comoxo ou a Cuncheira. Precisamente as obras consistirán basicamente na recollida das augas residuais destes núcleos para desvialas mediante coletores ó depósito de Coroño, situado no lugar de Pazos.

    As actuacións hidráulicas, cuxo prazo de execución será de seis meses, beneficiará a máis de 500 habitantes deste municipio. A obra foi moi ben acollida dende o executivo boirés, xa que se trataba dunha actuación pola que levaban agardando moito tempo.

    Augas de Galicia executou xa a primeira fase desta obra, coa instalación do colector de saneamento do río Coroño, no treito Brazos-Coroño onde se investiron preto de 500 mil euros.

    Redacción Barbanza