Jesús Díaz del Río e Lucas Vaquero renovan para Liga EBA

plantilla_deportes_baloncesto.jpgCAMBADOS> O Establecementos Otero está mans á obra para reconfigurar a súa plantilla de cara á tempada 2010-2011,  na liga EBA. E comeza con renovacións:  Jesús Díaz del Río e Lucas Vaquero.

{flowplayer}images/salnes/BASKET.flv{/flowplayer}

Para Jesús Díaz esta será a súa terceira tempada en O Pombal. Con 21 anos e 1,90 de estatura, foi unha das pezas importantes en materia ofensiva durante o pasado ano. A súas estatísticas demostran o seu peso na rotación: en 26 minutos de xogo, nos que aportou 11,4 puntos e 2 rebotes cuns porcentaxes do 48,7 en tiros de campo.

Por outra banda, Lucas Vaquero, é un base-escolta de 1,84 e 21 anos, que chegou a pasada tempada procedente do Porriño. Mostrouse como unha das boas sensacións do Establecementos Otero no seu debut en Cambados. As súas aportacións ó equipo, cífranse en 19 minutos por encontro con 4 puntos de media e 2,3 rebotes, cunha porcentaxe de acerto do 49,4. Ademais, valorouse con 5,6 puntos por encontro, recuperando balóns, o que aportou seguridade no equipo nas labores de dirección.

O técnico dos amarelos, Diego Doval, valorou de forma moi positiva a continuidade de Días e Vaquero, sinalando que xa demostraron o moito que poden aportar ó equipo. Asegura que son dous xogadores, que deben ter esta tempada, unha presenza importante en defensa.

Por outro lado, o Establecementos Otero, está á espera de coñecer o calendario de competición do grupo A da liga EBA. O inicio da tempada está fixado para o próximo 18 de setembro.

Redacción Salnés