![]()
PORTO DO SON> O PP acusa ó executivo do presunto trato de favor por incluír nas alegacións presentadas ó POL a solicitude dunha promotora inmobiliaria.
{flowplayer}barbanza/ppportodosonpol.flv{/flowplayer}
Xa no momento de presentar as suxerencias ó POL, o PP sonense denunciaba a falta de información por parte do executivo local que non contou coa oposición para elaborar as alegacións.
Agora, despois de obter a documentación da Dirección Xeral de Sostenibilidade denuncian unha suposta irregularidade debida á inclusión dun anexo dunha promotora que está a desenvolver varias unidades de actuación no municipio.
Continuismo
Os populares consideran que esta documentación amosa un claro trato preferente cara unha empresa privada por parte dunha administración pública que atribúen ó pago de favores que proveñen do anterior goberno liderado polo socialista Ramón Quintáns.
Dende as filas conservadoras cren que este feito volve poñer de manifesto a política continuista que está desenvolver o bipartito en materia urbanísitca.
Redacción Barbanza










