O Hospital do Salnés consegue reducir as listas en cirurxía e consulta

    hospital_salnes_copy100.jpgVILAGARCÍA> As demoras varían entre os 8 días para os pacientes con maior prioridade cirúrxica, e os 51, no caso das consultas. Adáptase asi, os datos esixidos dende a Consellería de Sanidade.

    {flowplayer}images/salnes/DATOS_HOSPITAL_SALNES.flv{/flowplayer}

    Os novos datos, publicados polo Servizo Galego de Saúde, mostran o éxito da nova planificación asistencial para a xestión das listas de espera do centro hospitalario.

    A demora media para as intervencións cirúrxicas é de 44 días, mellorando os 62 que se rexistraron o pasado mes de abril. No caso de operacións de patoloxías máis graves, fundamentalmente de tipo cardíaco, neurolóxico e oncolóxico, o tempo de espera pasa a ser de 8 días.

    Con esta cifra, o centro arousán mantense dentro dos obxectivos da Consellería de Sanidade, que marcaba un máximo de 30 días de demora, e continúa sen rexistrar ningún paciente en espera de intervención de máis de 6 meses.

    A maior tardanza á hora de conseguir unha cita dáse no caso das consultas. 51 días é a nova espera media para o Hospital do Salnés. Porén, o centro está a implantar dúas vías rápidas de consulta no caso de que se sospeite que o paciente puidera padecer algunha patoloxía grave. Estes procesos céntranse nos cancros de mama e de pulmón, e o tempo medio de espera rebáixase ata as 2 semanas.

    Ademais da diminución do retraso nas listas, o centro arousán avanza na implantación doutras medidas para facilitar a xestión dos pacientes. O uso da historia clínica electrónica neste centro chega xa ó 99%, mentres que a utilización da receita electrónica é do 31%.

    Redacción Salnés