CAMBADOS> Un centenar de empresas do sector mar- industria da comarca do Salnés únense á Xunta de Galicia para implementar nas súas compañías unha guía para a detección de vítimas de violencia machista na contorna laboral. Xuntas suman case 15.000 traballadores, a maioría mulleres. O documento ofrece pautas para identificar posibles vítimas e información sobre os recursos que lles achegan as administracións.
Un cento de empresas do sector mar-industria do Salnés súmase á campaña da Xunta de Galicia para prever a violencia machista. No marco dun acordo asinado hoxe, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero distribuirá nas súas compañías unha guía para detectar posibles vítimas.
Segundo o director xeral, a guía busca un dobre obxectivo: visibilizar a estas mulleres que sofren violencia machista e facilitarlles o acceso aos recursos que lles achegan as administracións.
Estas 100 empresas suman case 15.000 traballadores, a maioría mulleres. Con elas, son preto de 300 as compañías de toda Galicia que xa se sumaron a esta campaña.