O Hospital da Barbanza entre os peores de Galicia

    socialistaspobrahospital.jpgBARBANZA> Tanto a Secretaría de Sanidade do PSOE, Natividade González coma o deputado autonómico, José Manuel Lage sinalaron que o deterioro da calidade asistencial na sanidade pública vén propiciada pola incapacidade do actual goberno da Xunta.

    A pasada semana, a xerencia do Hospital da Barbanza presentaba o balance de xestión do segundo trimestre do ano que revelaba unha considerable redución das listas de espera en especialidade como Xinecoloxía e unha diminución do tempo medio de espera nas operacións cirúrxicas. Porén, os socialistas galegos fan unha lectura radicalmente oposta dos datos publicados pola Consellería de Sanidade. Segundo Natividade González, responsable desta área na agrupación provincial do PSOE, a información facilitada non é rigorosa nen creíble, ó non tratarse dunha comparativa anual. Denuncia que o Hospital da Barbanza ocupa o cuarto posto no tocante a indicadores negativos de centros hospitalarios de Galicia.

    {flowplayer}barbanza/socialistashospitalbarbanza.flv{/flowplayer}

    Asemade, segundo os datos que manexan os socialistas, tamén medrou o número de pacientes en espera cirúrxica nun seis por cento respeto a xuño de 2009. En relación cas consultas, os datos tampouco son alentadores. Os pacientes do Hospital da Barbanza teñen que esperar setenta e dous días fronte ós sesenta e un da media galega. Nos servizos de nefroloxía, cardioloxía ou traumatoloxía o tempo de espera incrementouse en máis dun cento por cento en relación ó pasado ano.

    Máis persoal Xinecoloxía

    Ó fio desta problemática, a agrupación local do partido socialista na Pobra presentou unha moción na que insta á Consellería de Sanidade a que dote ó Hospital da Barbanza do suficiente persoal especializado en Xinecoloxía para levar a cabo correctamente un labor preventivo e asistencial entre a poboación.

    Redacción Barbanza