Un veciño de Ribeira gaña nove millóns de euros co cuponazo

    cuponazoribeira.jpgRIBEIRA>  A ONCE repartiu unha chuvia de millóns na capital barbanzá. O máis afortunado foi o gañador do cuponazo, con nove millóns de euros.

    {flowplayer}barbanza/cuponazoribeira.flv{/flowplayer}

    O sorteo do cuponazo da ONCE encheu de ledicia a unha ducia de veciños de Ribeira. Sen dúbida, o máis afortunado foi o posuidor do cupón número 56027 e da serie oitenta e sete, cun premio de nove millóns de euros.

    Aínda que tamén se repartiron doce premios de trinta e cinco mil euros cada un, as especulacións na capital do Barbanza xiraban ó redor da identidade do gañador do premio millonario.

    Especulacións

    Os rumores apuntan a un mariñeiro da parroquia de Carreira que arestora aínda debe estar dando saltos de ledicia. Ledicia, compartida cos seus veciños, que aínda que non coñecen a identidade do afortunado amosáronse moi contentos de que o premio caera na vila.

    Contentos tamén os empregados que venderon os cupóns premiados neste pequeno quiosco que, de seguro, verá aumentadas as súas vendas nos próximos días. Este luns, eran moitos os que probaban sorte na procura de que a deusa fortuna tamén os distinga co seu toque máxico.

    Redacción Barbanza