Os emigrantes retornados continúan coa súa loita no Barbanza

RIBEIRA> Os emigrantes retornados do Barbanza seguen coa súa loita na rúa. Dende hai máis de seis anos mobilízanse para reclamarlle ó Goberno Central as modificacións necesarias na lei que regula o IRPF para establecer normas xustas e igualitarias para a tributación das pensións percibidas no estranxeiro.

Nin a chuvia nin o vento impide que os emigrantes saían coa súa reivindicación á rúa. Levan dende hai máis de seis anos con esta loita contra o Goberno Central para que se modifique o criterio fiscal para equiparar as súas obrigas a de calquera traballador que cotizara en España.

Dende a Plataforma apuntan a que hai moita xente a que lle seguen a chegar notificacións de Facenda reclamándolle a tributación das súas pensións. Un problema que ten agora difícil solución e non lle queda moita máis solución que o pago.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí