Un proxecto erróneo sementa a confusión entre os mariscadores

    mariscadores_vilanova copy.jpg VILANOVA> A construción dun pantalán levaba un ano en marcha sen sabelo o colectivo. O que descubriron agora é que non era o deseñado para o municipio.

    {flowplayer}images/salnes/PROTESTA MARISCADORES VILANOVA.flv{/flowplayer}
     
    Un proxecto que levaba máis dun ano en marcha e do que os mariscadores e rañeiros de Vilanova non tiñan coñecemento. Esta mañá, despois de reunirse co delegado de Portos de Galicia en Vigo, puideron coñecer que se trataba dun proxecto erróneo e que aínda se segue traballando na busca da mellor ubicación. O Presidente da Agrupación de Mariscadores a Flote, Alberto Martínez, asegura que esta situación se debe a unha falta de desinformación por parte das Autoridades responsables. E
     
    les afirman que non están en contra de que se constrúa este pantalán, o que piden e que se faga nunha ubicación alternativa xa que de iniciarse as obras na zona de marisqueo van perxudicar a cento noventa e seis mariscadoras e cento corenta rañeiros. Polo momento as obras están paralizadas. Agora teranse que reunir tódolos membros da Confraría de Vilanova xunto con algún representante do concello e a Patroa Maior para chegar a un acordo.
     
    Redacción Salnés