A CIG denuncia as trabas interpostas para o alugueiro de Mobles Carballo

    rafa_100.jpgVILAGARCIA> Ex-traballadores da empresa Mobles Carballo e membros da CIG volveron a concentrarse este mediodía diante da factoría que a moblería…

    {flowplayer}images/salnes/22072010_cig_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … ten no lugar de Barbeito en Rubiáns, Vilagarcía. Con esta enésima mobilización queren protestar polos últimos acontecementos vinculados ca extinción desta empresa, arestora en vía concursal: o empresario Manuel Carballo ven de mudar o contrato de alugueiro deste inmoble substituíndo a cifra esixible como aval, pasando dos seis meses de renda ós 15 anos. Esta factoría ía a ser arrendada por un empresario do sector que pretendía dar continuidade á actividade da empresa, contando con 18 dos 23 traballadores de Mobles Carballo.

    O outro punto en discordia ca empresa Mobles Carballo e co administrador que leva o proceso, Enrique Domínguez Lino, ten que ver co impago polo de agora das correspondentes imdemnizacións e salarios.

    Ante esta situación, a CIG non descarta retomar as mobilizacións diante da morada do propietario de Mobles Carballo, e tamén posiblemente ante o administrador.

    Redacción Salnés