Un fóra de liña complica as opcións de vitoria do Mexillón de Galicia

plantilla_deportes_copiaplatu.jpgVILAGARCÍA> O vento baixou a súa intensidade de xeito moi considerable con respecto ó mércores. O Mexillón de Galicia caeu ata a oitava praza, ata a resolución dos xuíces, e o Xacobeo 2010 mantense noveno da xeral.

{flowplayer}images/salnes/MUNDIAL_PLATU.flv{/flowplayer}

A xornada estivo marcada pola redución da intensidade do vento, que tan bos resultados estivera dando o mércores ós barcos liceístas. Tanto afectou á competición, que ocasionou o retraso de case dúas horas sobre o horario establecido para a primeira manga do día. Ademais, condicionou a terceira manga, que tras unha chamada xeral e o intento de dar a saída, o Comité se veu obrigado a suspender e dar por concluída a xornada.

Na primeira manga, os barcos do Liceo, pese ás condicións de escaso vento, puideron solucionar a situación e finalizar no grupo de cabeza. A manga, a gañou o grego Modus Vivendi, mentres que o Mexillón de Galicia foi quinto e o Xacobeo 2010, entrou na decimo cuarta praza.

A polémica chegou na segunda manga de onte. Cun vento extremadamente inestable, comezaba a segunda proba do día na que os actuais campións do Mundo, firmaban un fora de liña polo que, posteriormente, presentarían una protesta. O Carpantxo do Náutico de Vigo, se levaba a manga, mentres que o Xacobeo 2010 de Ero Pons, entraba na oitava praza.

A falta da resolución dos xuíces sobre a protesta do Mexillón de Galicia, o Mundial comeza a decantarse a favor do Modus Vivendi, que é líder con 21 puntos. O Mexillón quédase moi lonxe dos primeiros postos e cae á oitava posición provisional, seguido dos seus compañeiros o Xacobeo 2010. As opcións de revalidar o título para o Mexillón de Galicia quedan a expensas do que decidan os xuíces. No caso de prosperar se situarían segundos con vinteoito puntos.

Redacción Salnés