Os usurios de ‘Con eles’ apúntanse á compostaxe dos refugallos do seu comedor

VILAGARCÍA> Os usuarios do centro Con Eles, de Vilagarcía, apúntanse á compostaxe. Están aprendendo a separa-los refugallos e a darlle unha segunda vida á materia orgánica. Co compost que eles mesmos preparan cos restos do comedor ou de corta-la herba, aboan despois o seu xardín.

Manuel é usuario do Centro Con Eles de Vilagarcía e responsable dos seus composteiros. Dende hai meses encárgase de supervisar todo o que aquí se deposita. O colectivo apuntouse á compostaxe para darlle unha segunda vida aos refugallos do seu comedor ou aos restos do seu xardín.

El e os seus compañeiros están encantados con este proxecto. Ademais, para resolver tódalas súas dúbidas e fabrica-lo compost da mellor calidade, contan coa axuda dun mestre composteiro.

Dentro desta campaña municipal non só está a participar este centro de Día. En total, nove centros distintos de Vilagarcía xa se sumaron a esta inciativa, como o colexio de educación especial ou a Escola Mecos para as crianzas con autismo.

O concelleiro indicou tamén que Ravella continúa co proceso de licitación do novo contrato do lixo, co obxectivo de implanta-lo a partir do ano vindeiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí