Meis transforma o seu mercado nun espazo polivalente aberto a eventos culturais

MEIS> O Concello de Meis estrea as renovadas instalacións da súa praza de abastos. O mercado vén de ser reformado para gañar en espazo e funcionalidade. Agora, converteuse nun lugar polivalente, no que se combinará a actividade dos postos con eventos sociais e culturais. Aproveitando estas obras, tamén se executou a mellora da estrada de acceso á praza do Mosteiro.

Esta é a nova imaxe que ofrece a praza de abastos do concello de Meis. O espazo vén de someterse a unha renovación completa. A actuación máis vistosa, a eliminación dos antigos locais, sen fiestras nin ventilación.

A actuación supuxo, ademais, a posta a punto do conxunto do Mercado. A intención do Concello é que neste espazo de poida compatibilizar a actividade do mercado con outras iniciativas e eventos culturais.

Ao mesmo tempo que se realizaron estes traballos, executouse a obra de mellora deste acceso á praza do Mosteiro. Unha vella demanda que vén resolver os problemas de enchentes que se rexistraban tódolos invernos.

Pendente queda polo de agora a reforma deste outro acceso á praza.  O Concello conseguiu xa 50.000 euros da Deputación para o proxecto.

No mercado tamén está pendente a instalación de toldos para protexer aos vendedores do sol e a chuvia. Unha eiva que será resolta axiña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí