![]()
PONTEVEDRA> Un dos obxectivos que tentará cumprir o comité de xestión é ofrecer información os viticultores na campaña 2012.
{flowplayer}images/salnes/XUNTANZA_VINAS_ATLANTICAS.flv{/flowplayer}
Na campaña 2012, os viticultores do Salnés disporán de datos en tempo real da rede de sensores que se van instalar na comarca no marco do proxecto Viñas Atlánticas para a prevención de enfermidades. Cando menos este é o obxectivo do comité de xestión do proxecto asinado pola Deputación de Pontevedra e as adegas Martín Códax, Condes de Albarei e Cooperativa Vitivinícola Arousana que se reuniu esta mañá.
Este compromiso esganouse esta mañá da xuntanza que mantiveron as tres adegas participantes e o Presidente da Deputación de Pontevedra para afondar nas diferentes fases do proxecto. Lembremos que a finalidade desta iniciativa é deseñar unha rede de estacións meteorolóxicas para predicir a infección de enfermidades e minimizar o uso de produtos químicos nos viñedos. Unha vez lista esa rede de sensores, nestes momentos están negociando un acordo con Meteogalicia no que van incorporar as estacións que compre o proxecto.
Todo isto, vaise centralizar nunha plataforma, que xa está deseñada, na que as adegas poderán atopar información personalizada en tempo real sobre os seus viñedos a partir dos diferentes sensores.
O obxectivo do Proxecto é que na campaña 2012 os viticultores dispoñan de datos de risco para actuar se fose necesario. En paralelo, tamén farán probas coa Estación Fitopatolóxica do Areeiro.
Redacción Salnés










