Boiro adquirirá o pazo de Goiáns e Porto do Son terá un Museo do Mar

    conveniopazogoians.jpgBOIRO> A subsecretaria do Ministerio de Cultura, Mercedes del Palacio asinou os convenios para subvencionar a compra do Pazo de Goiáns e da fábrica de salgadura de Porto do Son.

    “Un día de alegría para todos os boireses”, así describía o alcalde de Boiro, Xosé Deira o momento que precedía a sinatura do convenio co Ministerio de Cultura que permitirá a compra do Pazo de Goiáns, propiedade na actualidade da empresa Erosmer-Eroski.

    No acto estiveron presentes o delegado do goberno en Galicia, Antón Louro, o deputado do BNG nas Cortes, Francisco Jorquera, o tenente de alcalde de Boiro e integrantes do goberno municipal así como veciños da localidade.

    {flowplayer}barbanza/comprapazogoians.flv{/flowplayer}

    A intención da autoridades locais, unha vez formalizada a compra do pazo e a súa parcela, é restaurar o edificio principal, que se atopa en estado ruinoso. Para tal fin, o goberno municipal está a realizar xestión con distintas administracións para acadar as achegas necesarias. Tras a recuperación do edificio, estudiarase a posibilidade de que no lugar se habilite un museo etnográfico e un xardín botánico.

    Visita a Porto do Son 

    Tras o paso da subsecretaria do Ministerio de Cultura e o delegado do Goberno en Galicia polo concello boirés, ámbolos dous achegáronse ata a vila de Porto do Son co gallo de facer entrega ao seu alcalde, Xoán Pastor Rodríguez, dunha subvención de cincocentos mil euros para o proxecto da creación do Museo do Mar e Etnográfico.

    Con esta axuda poderase adquirir a antiga fábrica de salgadura deste concello, para posteriormente convertela nun museo que servirá tanto para a exhibición e revalorización do patrimonio e a cultura mariñeira e etnográfica, como para a realización de diferentes actividades de tipo cultural.

    O rexedor de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez, arremeteu na súa intervención en contra do grupo municipal do partido popular e, por extensión, ao goberno da Xunta de Galicia, pola súa oposición a esta iniciativa que pon en duda a concesión doutra subvención por parte do goberno autonómico destinada a habilitación do futuro museo.

    Redacción Barbanza