Malestar entre os pacientes do Hospital do Barbanza ante as colas para pedir cita

    RIBEIRA> Marea de Ribeira denuncia as longas filas que se forman no Hospital do Barbanza para conseguir unha cita médica. Esta mañá estivemos nos centro hospitalario e comprobamos o desgusto de moitos dos pacientes por ter que aturar ata unha hora de cola.

     

     

    Agotados, nerviosos, impotentes, e algúns tamén resignados. Á hora de acudir ó Hospital para solicitar unha cita médica, hai que armarse de paciencia no Barbanza e tamén, contar con algo de sorte. Hai días nos que podes pasar unha ou dúas horas facendo cola. Malestar entre moitos veciños e veciñas da comarca debido ás longas esperas para recibir unha cita. Onte luns o servizo de citas médicas deste Hospital do Barbanza estivo colapsado con máis de cen persoas agardando ser atendidas.Esta mañá atopamos tamén pacientes, que ben facendo honra a este nome, ou ben porque tiveron mellor sorte, ven o vaso medio cheo.Desde Marea Ribeira fanse eco deste malestar dos pacientes a través dun comunicado. Nel explican que os veciños teñen que sumar ás súas doenzas ter que esperar máis dunha hora para poder ter cita. A agrupación achaca esta situación ós recortes en sanidade pública, a seguran que cunha persoa máis atendendo á xente sería suficiente para resolver este problema.  Desde a Marea de Ribeira afirman tamén no comunicado, que o gobernó do partido popular ten outras prioridades, entre as que non se atopa, resolver os problemas da cidadanía.