POBRA> As investigacións levadas a cabo pola Garda Civil no marco da Operación Atunali permitiron comisar 45 toneladas de atún conxelado, que estaba destinado á conserva, e que se pretendían vender coma fresco. A Garda Civil comisou nunha nave na Pobra do Caramiñal unha parte importante desas 45 toneladas de atún conxelado que só estaba autorizado para o seu consumo en conserva, pero que era comercializado coma fresco, o que cuadriplicaba o seu valor no mercado. A macroperación, denominada ‘Atunali’. levouse a cabo tamén en varias provincias españolas, entre elas Alacante, Murcia e Barcelona. No foco das investigacións un total de catro persoas, entre as que se atopa tamén un empresario pobrense. A Garda Civil acúsaas dun presunto delito contra a saúde pública, fraude ós consumidores e falsidade documental, enfrontándose a penas que poderían ir de un a catro anos de cárcere, e outras posibles sancións administrativas. As investigacións realizadas, en colaboración tamén da Interpol e a Europol, iniciáronse xa o pasado mes de xaneiro por parte de axentes do Servizo de Protección da Natureza de Alacante. A operación segue aberta e non se descartan novas detencións
Inicio A Pobra