Rosa Quintana visita tres proxectos do GALP Fisterra-Ría de Muros-Noia

    OUTES> A conselleira visitaba unha conserveira artesanal en Porto do Son, un centro de elaboración e transformación de produtos do mar en Muros e un proxecto de aloxamento turístico para discapacitados en Outes. Unha das primeiras paradas da titular de Mar foi no concello de Outes. Acompañada da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, a alcaldesa, Beatriz Molinos, e o propio promotor da iniciativa, Rosa Quintana puido coñecer de primeira man o proxecto de aloxamento turístico promovido pola empresa Do Artesanato, que xa xestiona as Cabanas do Barranco. A proposta que busca a creación de seis cabanas para convertelas en establecemento de aloxamento totalmente accesible para persoas con mobilidade reducida e discapacidades auditivas ou visuais é un dos 72 proxectos aprobados na convocatoria de axudas de 2016 para proxectos dos Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro. Con anterioridade a Conselleira de Mar visitaba tamén unha conserveira artesanal en Porto do Son e posteriormente un centro de elaboración e transformación de produtos do mar en Muros.