O peche da sardiña deixa sen apenas posibilidades de pesca a uns 150 cerqueiros galegos

RIBEIRA> O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación vén de pechar a pescaría da sardiña. Esta decisión, que suporá un duro revés para uns 150 cerqueiros galegos, vén motivada polo esgotamento da cota.

O peche da pescaría da sardiña decretado a a pasada medianoite suporá un duro golpe para os preto de 150 cerqueiros galegos que dependen desta especie como soporte principal da actividade.Dende onte tan só están permitidas as capturas accidentais que non poderá supoñer máis do 15 por cento do total de especies peláxicas descargadas por cada barco polo que a única opción para seguir dedicándose a esta especie é comprarlle cota á flota que faena no golfo de Cádiz.

Dende a Xunta apostan por un incremento da cota ante os signos de recuperación do stock desta especie nos últimos anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí