Aparece morto un mozo con signos de violencia á beira do encoro do Umia

    asasinato_100.jpgCUNTIS> Á voz de alarma saltou preto das 9 e media da mañá, cando un pescador que se achegaba á zona atopou o corpo sen vida do xoven.

    {flowplayer}images/salnes/MOZO_CUNTIS.flv{/flowplayer}

    Segundo fontes da investigación, o mozo, que levaba morto unhas dez horas, presentaba golpes na cabeza e no corpo e un corte no pescozo. Na zona non se atopou ningunha arma. O home, que respondía ás iniciais de E.M., non tiña antecedentes. Os veciños recórdano como un xoven tranquilo. O home apareceu a uns metros do lugar onde estaba aparcada a súa moto. Segundo testemuñas, no espazo entre o vehículo e o lugar onde se atopou o cadáver había rastros de sangue.

    A policía científica analiza se o corpo foi arrastrado. O rapaz, que tiña 23 anos e respondía ás iniciais E.T., aparecera na beira oposta do Umia. A investigación descartara o asasinato. A pesares de que fontes policiais negan que existise algunha relación entre as dúas mortes, os veciños da zona teñen medo.

    Ás sete desta tarde, os equipos de investigación da Garda Civil seguían traballando na zona, que permanecía pechada ó paso, recollendo probas e interrogando ós veciños.

    Redacción Salnés