O vicepresidente da Xunta supervisa o dispositivo de control de praias en Ribeira

RIBEIRA> O vicepresidente da Xunta desprazouse ata Ribeira para supervisar o dispositivo de control e seguridade desenvolvido durante este verán nas súas praias. O concello ribeirense beneficiouse dunha axuda para a parcelación dos areais e a adquisición de drons de vixilancias.

Co fin de garantir a máxima seguridade nas praias este verán, a Xunta de Galicia habilitou unha liña de axudas extraordinarias para garantir os protocolos de prevención do Covid dotada con seiscentos cincuenta mil euros.

O concello de Ribeira destinou os fondos a marcar con módulos os areais para servir como referencia no mantemento de distancia seguridade así como á adquisición de dous drons destinados a controlar a capacidade dos areais. Ademais dos labores de control durante o verán, o concello daralle utilidade durante todo o ano noutras tarefas como a busca de desaparecidos ou o reforzo contra incendios.

O servizo de vixilancia e control permanecerá activo nas praias de Ribeira ata o fin da tempada estival, previsto ata o 15 de setembro, e o concello non descarta amplialo se continúa o bo tempo.