O Concello de Cambados analiza a orixe de novos verquidos industriais

    sumidoiro_100.jpgCAMBADOS > O Concello de Cambados ven de realizar unhas análises na rede de sumidoiros das zonas industriais co fin de detectar que empresas…

    {flowplayer}images/salnes/26072010_verquidos_cambados.flv{/flowplayer}

     … están a verter as súas augas sen depurar á canalización municipal, xerando uns cheiros insoportables nesta época do ano. Persoal do Concello e da empresa adxudicataria do servizo de saneamento Espina y Delfín, realizaron as correspondentes análises á beira de cada empresa, xunto cun responsable da mesma.

    Á espera do resultado das mostraxes que poderían atrasarse unha ducia de días, sospeitan xa de que empresas, vinculadas ó sector conserveiro, puideran estar a producir este tipo de efluentes contaminantes. Algunhas delas mesmo poderían ser reincidentes neste atentado contra o medioambiente, ó que lles podería carrexar serias sancións.

    O Alcalde cambadés, Luís Aragunde, adianta que parte da solución deste problema dos cheiros se verá solventado ca posta en funcionamento da nova estación depuradora de augas residuais que a Consellería de Medio Ambiente proxecta construír en Ribadumia. Ata daquela, esperan unha maior responsabilidade medioambiental destes poucos empresarios que traballan en chan industrial de dentro e fóra deste concello.

    Redacción Salnés