Patxi Vázquez volve a solicitar a reforma do Estatuto

    diagaliciapsoerianxo.jpgRIANXO> O líder do PSdeG-PSOE fixo esta solicitude na celebración do Día de Galicia. Segundo el esta será a única fórmula posible para que Galicia saia reforzada da crise e se garantan os dereitos de cidadanía de tódolos galegos.

    {flowplayer}barbanza/diagaliciapsoerianxo.flv{/flowplayer}

    Rianxo volveu a ser novamente escenario un ano máis da celebración do Día de Galicia por parte do PsdeG-PSOE. Ante o busto Castelao, no paseo da Ribeira, déronse cita centos de simpatizantes e militants desta formación política, encabezados polo seu secretario xeral, Pachi Vázquez. O líder dos socialistas galegos foi o encargado, xunto co alcalde rianxeiro, de realizar a tradicional ofrenda floral ante a figura do ilustre galeguista. Despois deste acto desenvolveuse un turno de intervencións, nas que o líder dos socialistas galegos avogou por adaptar o actual Estatuto de Galicia ás necesidades do século XXI coa finalidade de acadar maiores cotas de benestar para tódolos galegos e galegas.

    Desprezo do galego

    Patxi Vázquez tamén tivo duras palabras para o actual Goberno da Xunta, co seu presidente á cabeza, Alberto Núñez Feijoo, ó que acusou de dilapidar tódolos avances acadados polo anterior goberno socialista. O secretario xeral dos socialistas galegos puxo tamén como exemplo a situación actual da lingua. Segundo el ningún presidente en toda a historia da democracia fixo un desprezo tan grande do galego e da súa cultura coma Feijóo.

    Redacción Barbanza