Inicio irregular do libre marisqueo na Ría de Arousa

RIANXO> Esta mañá arrancaba a campaña de libre marisqueo na Ría de Arousa. Boa parte dos rañeiros acudiron nesta primeira xornada ós Lombos do Ulla, e a primeira impresión non foi de todo boa.

Como ven a apertura de libre marisqueo nos Lombos deixa impresións non demasiado satisfactorias entre os mariscadores. A pesar de que nesta primeira xornada a maioría dos rañeiros conseguiron acadar os topes, non cren que o marisco existente nos bancos dea para toda a campaña, augurando unha campaña cativa, lonxe das expectativas creadas.

Aínda que non confían en que o recurso sexa suficiente para toda a campaña, os produtores si estaban satisfeitos co tamaño do berberecho, un produto que empeza a deixarse ver na Ría. Pola contra non hai apenas ameixa…..

Polo de agora aínda é cedo para facer balance, polo que haberá que agardar ás próximas semanas para ver o que dan de si os bancos de libre marisqueo. Ainda que visto o visto, moi bo resultado non se agarda…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí