O DOG publica o plan experimental de xestión do polbo con nasa

BARBANZA> O Diario Oficial de Galicia publica o Plan Experimental de Xestión do Polbo con Nasa para a campaña 2018-2019. O documento recolle as novas medidas técnicas a aplicar para a recuperación deste recurso. A partir do dous de xullo, cando finalizará o periodo de veda de corenta e cinco e días, os polbos capturados deberán ter un peso mínimo dun quilo, ben enteiro ou ben eviscerado a bordo. Nos meses de xullo e agosto establecerase unha cota diaria de trinta quilos por barco, ós que se engadirán outros trinta por tripulante cun máximo de douscentos dez quilos ó día. No resto da campaña que se prolongará ata a data do inicio da veda acordada para 2019, a cota máxima será de cincuenta quilos por embarcación e outros tanto por tripulante ata un máximo de trescentos cincuenta diarios. O número de masas permitidas establecerase en función do tamaño da embarcación e número de tripulantes. O horario de traballo permitido comezará ás seis da mañá, permitindo a saída do porto unha hora antes, e rematará ás catro da tarde. Fóra destes horarios, a Consellería do Mar prohibe realizar calquera actividade coas nasas. O descanso semanal estenderase entre as catro da tarde do venres e as seis do luns. Se se produce un cambio de despacho para trabalar con outro arte de pesca será obrigatorio retirar a totalidade das nasas e deixalas en terra.