A Pobra lembra a Diana Quer un ano despois

POBRA> O concello da Pobra celebrou un acto institucional contra a violencia de xénero coincidindo co aniversario da aparición de Diana Quer. O alcalde deu lectura a un manifesto ante os membros da corporación e numeroso público que quixo homenaxear a memoria da moza.

Hai un ano, espertábamos coa triste nova do achado do corpo sen vida de Diana Quer. Remataba así o 2017 co peor desenlace para os máis de cincocentos días de busca da moza, desaparecida na Pobra o 22 de agosto de 2016. Con motivo desta efeméride, o concello pobrense celebrou esta mañá un acto institucional.

Ademais de lembrar a Diana, o acto simboliza o compromiso da corporación na loita contra a violencia de xénero que este ano cobrouse a vida de corenta e sete mulleres.

A intención do goberno é celebrar novos actos en memoria de Diana Quer tal e como ten solicitado o grupo municipal do PP.