Os 1.200 kilos de cocaína interceptados nun veleiro chegan a porto

    cocaina_vigo_copia100.jpgVIGO> A mercancía, interceptada en xullo, tiña coma destino varios países europeos. Crese que ían ser membros dunha organización da  Ría de Arousa os que se encargarían de transportala desde as Azores ata Europa.

    {flowplayer}images/salnes/VELEIRO_VIGO_COCAINA.flv{/flowplayer}

    Esta mesma mañá chegaba ó Porto Comercial de Vigo o buque especial de operacións Fulmar con máis de mil quilos de cocaína. Deste xeito, dábase por finalizado un dispositivo especial contra o narcotráfico. A investigación comezara a finais do mes de xuño cando o GRECO de Galicia tivo coñecemento de que un grupo de lancheiros da Ría de Arousa recibiran o encargo de recoller unha importante cantidade de cocaína preto das Azores. De contado, se puxo en marcha esta operación especial na que participaron axentes do GEO da Policía Nacional, da Axencia Tributaria, e do GRECO de Galicia. O equipo de asalto abordou o veleiro en augas do caribe.o pasado quince de xullo.

    Ata o momento foron detidas tres persoas que se corresponden cos tripulantes do veleiro Ariel Catro, dous británicos e un holandés. Con este traballo, os axentes recoñecen que se conseguiu un importante golpe ó narcotráfico debido ó seu incremento nos últimos meses.

    Esta operación desenrolouse grazas á axuda internacional do CICO e do MAOC-M de Lisboa. A partir de agora a investigación sigue o seu curso e non se descartan máis detencións.

    No que vai de ano, xa foron incautadas dezasete toneladas de cocaína e cen toneladas de hachís.

    Redacción Salnés