A campaña ‘Descobre Caramiñas’ sorteará un vale diario de 200 euros e unha viaxe a Eurodisney

A POBRA> O concello da Pobra repartirá 200 caramiñas diarias na súa campaña de promoción do Nadal nas redes sociais. Esta iniciativa contará tamén cun agasallo estrela por cortesía de Congalsa: unha viaxe a Eurodisney para catro persoas.

No marco da campaña Comparte Nadal, o concello da Pobra vén de presentar a iniciativa Descobre Caramiñas que se desenvolverá nas redes socias. Os participantes tan só teñen que tomarse unha fotografía nalgún dos múltiples recunchos do Nadal repartidos polo municipio e subila a Instagram. entrarán no sorteo dun vale de 200 euros diarios, dende o 3 ó 31 de decembro.

Ademais dos vales que se poderán canxear nos distintos establecementos do tecido comercial pobrense, os participantes optarán tamén ó premio estrelo da campaña: unha viaxe a Eurodisney.

Dende Congalsa levan anos colaborando coa campaña de Nadal da Pobra co obxectivo de dinamizar o comercio local e a actividade económica de todo o municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí