Nesta campaña xa se venderon case 300 toneladas de polbo

    polbo_100.jpgO SALNÉS> A actual campaña do polbo está a rexistrar un alto número de capturas, moi superior á do ano pasado. Desde que se abriu a veda …

    {flowplayer}images/salnes/27072010_polbo.flv{/flowplayer}

     …o pasado día 5; as lonxas da Arousa venderon unhas 51 toneladas deste cefalópodo; máis polo miúdo a rula ribeiresa vendeu unhas 34 toneladas, seguidas do Grove con 9 e arredor de 8 Cambados. Na zona de Muros, o balance foi de 19 toneladas que se venderon a uns 62.000 euros. No global das lonxas galegas rexistráronse un total de 290 toneladas vendidas, unhas 111 máis que no mesmo período do ano pasado. Estas cifras indican que a veda de algo máis dun mes practicada durante o mes de xuño ven de dar resultados de recuperación satisfactorios.

    Con todo, a maioría dos naseiros asegura que as capturas comezaron estes días a descender. A nota negativa desta campaña atopámola nas cotizacións; o prezo medio de venda do polbo non sobe dos 3 ou 4 euros ó kilo en lonxa, o que fai que algunhas embarcacións non cheguen a cubrir gastos. No que vai de campaña o global das lonxas galegas facturaron preto dun millón de euros por case 300 toneladas de producto, debido ós prezos ínfimos de venda. Estas baixas cotizacións son o motivo polo que moitos naseiros decidiron pasarse á nécora.

     Aquí, os prezos son moito mellores nesta tempada estival e o volume de capturas tampouco está mal. O que máis tira polas vendas da nécora son as festas do verán onde a maioría dos veciños das Rías Baixas aproveita para levar este exquisito producto da ría ás súas mesas. Outro factor importante é a chegada dos turistas que non deixan pasar a ocasión de probar a nécora da ría da que poucas veces dispoñen nas súas cidades de orixe.

    Redacción Salnés