![]()
SALNÉS> As chuvias destes días obrigaron a parar a vendima nas Rías Baixas. Pero as precipitacións non supoñen un problema. Viticultores e adegueiros ven neste episodio unha boa nova, que permitirá aliviar o estrés hídrico que sufriron os viñedos durante todo o verán.
Aínda que o groso da vendima non arrincará ata a vindeira semana, as adegas máis madrugadoras xa comezaron as tarefas de recolección da uva.
Moitas comezaron os traballos a vindeira semana, pero esta tiveron que frear por mor das chuvias. Pero as precipitacións non preocupan nas Rías Baixas, e incluso poden beneficiar á colleita.
Así que esta auga podería vir redondear unha calidade que xa se prevé excelente.
Con estas expectativas, adegas e viticultores afrontan unha colleita que agardan que sexa inferior á do ano pasado, movéndose entre os 26 e os 29 millóns de quilos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/16/repor_vendima_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/16/repor_vendima.mp4{/flowplayer}








