O comercio de Vilagarcía sae cos seus stocks á rúa con importantes descontos en ExpOferta

VILAGARCÍA> Esta fin de semana o comercio de Vilagarcía saca os seus stocks á rúa. Dende hoxe e ata o domingo Zona Aberta celebra a súa Expoferta, unha feira de oportunidades con interesantes descontos en todo tipo de produtos. Os comercios teñen instalados os seus stands na praza da segunda República. Hoxe foi a apertura, e dende o primeiro momento a afluenza de xente foi continua.

O comercio de Vilagarcía sae á rúa. Dende hoxe e ata o domingo a asociación Zona Aberta celebra a décimo sexta edición da súa feira de oportunidades, Expoferta.

Roupa, calzado, complementos. Todo tipo de artigos xa están dispoñibles na praza da Segunda República. E con importantes descontos.

Moitos van só a mirar, pero a gran maioría remata por marchar da praza da Segunda República con algunha bolsa de compra no pequeno comercio. E é que os descontos que ofrecen son difíciles de resistir.

Se aínda non pasou por Expoferta, pode facelo ata o domingo. Os stands dos comercios estarán abertos entre as 11 da mañá e as 2 e media da tarde e de 6 e media a 10 e media da noite.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí