A plantilla de Cedonosa esixe claridade no pago das indemnizacións

    cedonosa_100_160309.jpgCATOIRA> A dirección pretende rebaixar do 60 ó 40% a contía das indemnizacións que se abonarán de xeito inmediato.

    {flowplayer}images/salnes/160309_CEDONOSA.flv{/flowplayer}

    Os oitenta ex traballadores de Cedonosa levan desde o venres pola tarde facendo quendas de seis horas ante as portas da factoría. Queren impedir que a empresa siga vendendo os restos de produción mentres a dirección non lles abone o millón e medio de euros que lles corresponden en concepto de indemnización.

    Os empregados aseguran que cando en febreiro asinaron o acordo para rescindir os seus contratos, a dirección da empresa comprometeuse a pagarlles no momento o 60 por cento da indemnización, un compromiso que a día de hoxe non se cumpriu.

    Os traballadores aseguran que xa non se fían da dirección da empresa e non pensan aceptar ningún tipo de oferta a non ser que se faga de xeito formal, por escrito, e cuns prazos definidos. Ata ese momento, seguirán coas mobilizacións.

    Redacción Salnés