O BNG lamenta a volta á alcaldía de Alberto García e o PP abre a porta a negociaciar co Psoe

CATOIRA> A volta de Alberto García a alcaldía causa diferentes sensacións no partidos da oposición. Dende o BNG cualifican o seu regreso ao poder como unha noticia triste, para o PP é unha nova ocasión de poder negociar e chegar a acordos, xa que entenden que é a única opción para mellor a situación de Catoira.

O mandato comezou en Catoira o ano pasado cun apoio bastante insólito do Partido Popular ao BNG. Descoñécese se houbo ou non algún pacto entre ambos partidos pero durante estes meses a súa relación destacou máis polos cruces de acusacións que polos acordos acadados. Despois da dimisión de Xoán Castaño, o pleno extraordinario celebrado hoxe supuxo, o que ambas formacións querían evitar no pasado pleno de investidura, a volta á alcaldía de Alberto García. Un feito que os nacionalistas cualifican de triste.

Dende o Partido popular lamentan que o goberno non sexa conxunto como pactaran na anterior moción de censura. Ademais sinalan que o único culpable da volta de Alberto García é o BNG. Agora, consideran que se abre unha nova ocasión de acadar uns acordos en Catoira que son a única posibilidade de mellorar a situación da vila.

O goberno en minoría do Psoe requirirá en moitas ocasións de chegar a acordos coas outras formacións. Dende o Bng estaban dispostos a negociar cos socialistas pero non con Alberto García como alcalde, sen embargo, dende o PP non pechan esa porta, a pesar de que 3 edís socialistas mostráronse en contra de calquera acordo cos populares.