RIBEIRA> Máis dun cento de bailaríns participarán na decimo segunda edición do Festival Salsa na Rúa que se celebra esta fin de semana en Ribeira. A cita, organizada pola escola de baile ‘El Tomasón’ e a asociación cultural Haveira contará con exhibicións en diversos estilos de baile así como obradoiros e actividades de animación.
Non só a salsa, senón unha amplísima gama de estilos de bailes, encherán Ribeira na decimo segunda edición do Festival Salsa na Rúa que se desenvolverá este venres e sábado.
Na cita lúdica tomarán parte máis dun cento de bailaríns da escola de baile El Tomsaón e doutras tres escolas convidadas. Haberá representantes de diversos países así como doutras partes de España e Galicia.
Dende o concello, que colabora na organización do evento, destacaron a importancia deste evento non só como para da oferta lúdica do municipio senón tamén para favorecer o intercambio cultural.











