A POBRA> O mal tempo obrigou ó concello da Pobra a reprogramar as actividades culturais previstas para esta fin de semana. Mantense o concerto de Monolius Dop previsto para mañá pola noite na praia da Illa. O de Moito cambiará de emprazamento: celebrarase o sábado no Teatro Elma.
As malas previsións meteorolóxicas, que auguran moi alta probabilidade de chuvia, fixo que o concello da Pobra optase por cancelar a numerosa oferta de lecer prevista para esta fin de semana, na que tradicionalmente se celebraba o Carme dos Pincheiros. Os concertos das terrazas pospóñenlle ata setembro e mantense en dúbida a ruada de música tradicional.
O concerto de Mad Martin, previsto para este sábado, pasa para o 29 de agosto. Mantense o de Moito pero con cambio de ubicación.
Tampouco se celebrará a actividade ‘Cociñando con Kike Piñeiro e Eloy Cancela’ que prevía demostracións de cociña ó aire libre e o posterior reparto de tapas polas terrazas dos locais hostaleiros.
O concello informará con antelación das novas datas dos eventos, unha vez reprogramados.