![]()
SALNÉS> É unha das conclusións do informe da Administración Concursal encargada da empresa nestes momentos. O patrimonio da conserveira superaría os 90 millóns de euros. A súa débeda estaría en algo máis de 60 millóns.
{flowplayer}images/salnes/CGT_ALFAGEME.flv{/flowplayer}
Que o valor do patrimonio de Alfageme supere as súas débedas é o principal argumento da Administración para falar da continuidade da empresa. Para reducir os 60 millóns de euros pendentes de pago, o informe propón a venda de propiedades improdutivas. Entón, a cantidade pendente poderíase renegociar cos acredores, pero sería fundamental o reinicio das actividades da conserveira.
Para o sindicato CXT esta situación sería compartida por todas as factorías, exceptuando a de Vigo. Nela produciuse unha rescisión voluntaria dos contratos dos traballadores, polo que o informe considéraa improdutiva e podería ser vendida para reducir a débeda de Alfageme. O secretario de CXT Arousa, Miguel Ángel Cuña, anunciou que esixirán o mantemento de todos os postos de traballo cando finalice o expediente regulardor de emprego en setembro, e a volta á actividade na fábrica de Vilaxoán.
O secretario sindical amosouse positivo ante estas conclusión botadas pola Administración Concursal, e asegurou que van traballar para convencer a empresa desta posibilidade.
Redacción Salnés








