Os sindicatos únense contra a decisión de Clesa de ampliar a xornada laboral aos sábados

CALDAS> Os sindicatos da UXT, CIG e CCOO mobilízanse diante de Clesa contra a decisión da empresa de aumentar a xornada laboral aos sábados. Dende as agrupacións sindicais consideran que esta nova medida afectará a conciliación laboral e ao poder adquisitivo dos traballadores, xa que segundo advirten, a compensación salarial non é xusta.

Os sindicatos de UXT, CIG e CCOO volven mobilizarse conxuntamente en contra dunha nova decisión empresarial. Concretamente da ampliación da xornada laboral aos sábados que a empresa Clesa aplicará entre gran parte da súa plantilla. Segundo indican dende o comité de empresa, isto afectará á conciliación laboral e ao poder adquisitivo dos traballadores.

Os sindicatos sinalan que a empresa está aplicando ao límite a reforma laboral do 2012 para poder levar a cabo esta medida e que non está compensando aos traballadores cun salario xusto.

A empresa non escoita as peticións dos traballadores e como esta medida lles afectará negativamente.

Os traballadores comezaron a mobilizarse ante a negativa da empresa a negociar con eles calquera tipo de acordo.

Os sindicatos levarán a cabo todas as medidas legais que estean nas súas mans, dende loitar nos xulgados ata continuar coas mobilizacións nas rúas. A vindeira manifestación terá lugar a próxima semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí