Os datos sinalan que a actividade de Alfageme é posible

    cgt_alfageme_copia100.jpgSALNÉS> É unha das conclusións do informe da Administración Concursal encargada da empresa nestes momentos. O patrimonio da conserveira superaría os 90 millóns de euros. A  súa débeda estaría en algo máis de 60 millóns.

    {flowplayer}images/salnes/CGT_ALFAGEME.flv{/flowplayer}

    Que o valor do patrimonio de Alfageme supere as súas débedas é o principal argumento da Administración para falar da continuidade da empresa. Para reducir os 60 millóns de euros pendentes de pago, o informe propón a venda de propiedades improdutivas. Entón, a cantidade pendente poderíase renegociar cos acredores, pero sería fundamental o reinicio das actividades da conserveira.

    Para o sindicato CXT esta situación sería compartida por todas as factorías, exceptuando a de Vigo. Nela produciuse unha rescisión voluntaria dos contratos dos traballadores, polo que o informe considéraa improdutiva e podería ser vendida para reducir a débeda de Alfageme. O secretario de CXT Arousa, Miguel Ángel Cuña, anunciou que esixirán o mantemento de todos os postos de traballo cando finalice o expediente regulardor de emprego en setembro, e a volta á actividade na fábrica de Vilaxoán.

    O secretario sindical amosouse positivo ante estas conclusión botadas pola Administración Concursal, e asegurou que van traballar para convencer a empresa desta posibilidade.

    Redacción Salnés