Un botín de setenta mil euros

    atracobancogallego_copia.jpgBOIRO> A policía xudicial continúa coas investigacións para dar co paradoiro das dúas persoas que onte atracaban na sucursal do Banco Gallego, situada na céntrica Avenida da Constitución.

    {flowplayer}barbanza/atracobancogallego.flv{/flowplayer}

    Esta mañá a oficina do Banco Gallego ubicada na Avenida da Constitución abriu con total normalidade. Nada facía sospeitar que onte ó redor da unha da tarde fora obxecto dun atraco. É máis, moitos dos veciños e residentes na zona descoñecían aínda hoxe o suceso.

    Importante botín

    Segundo confirmaron fontes policiais os dous ladróns aproveitaron a ausencia dun dos dous empregados da entidade para acceder ó interior da oficina bancaria. Unha vez dentro encañonaron ó traballador, esixíndolles que lles entregara o diñeiro da caixa, ó redor dun 70 mil euros. Polos datos facilitados polo empregado, os dous atracadores accederon ó banco a cara descuberta, tapándose parcialmente o seu rosto cunha gorra e gafas de sol.

    Amplo operativo

    A día de hoxe nada se sabe do paradoiro dos dous atracadores, pero mobilizouse un amplo dispositivo de busca. A Policía Xudicial amosa un total mutismo sobre este asunto, sen aportar datos que puideran entorpece-lo ritmo das investigacións.

    Redacción Barbanza