VILAGARCIA> O corpo de Vixilancia aduaneira de Vilagarcía homenaxea a Lino Alonso, xefe do servizo en Galicia recentemente falecido. Coas sereas soando, bandeira a media hasta e un minuto de silencio, os compañeiros despediron ao seu xefe. Lino Alonso, levaba 36 anos de servicio liderando operacións coas que incautou máis de 200 mil quilos de droga.
Coa sereas soando e bandeiras a media hasta, o servicio de vixilancia aduaneira de Vilagarcía homenaxeou a Lino Alonso, xefe de Aduanas en Galicia e que faleceu recentemente. O home de 61 anos levaba case 37 anos de servizo no corpo de Aduanas. Os compañeiros da base de Vilagarcía sumáronse a unha homenaxe que se repetiu nas sedes de toda España.
Lino Alonso entrou no corpo de aduanas en 1984. Despois de varias etapas en Madrid e Cádiz regresou á comunidade autónoma no ano 2000 onde foi nomeado adxunto rexional de Galicia. Alonso participou en numerosos operativos converténdose nunha peza clave da loita contra o tráfico de drogas. Colaborou con xuices como Vázquez Taín, Baltasar Garzón ou Carlos Bueren e nas súas intervencións requisáronse máis de dous centos mil quilos de cocaína e haxix. As súas investigacións permitiron levar ante os xuíces a narcotraficantes como os Charlíns, Marcial Dorado, Laureano Obiña ou Patoco.
Entre as súas últimas actuación destacan a creación da oficina de intelixencia marítima de Galicia. Que no seu primeiro ano conseguiu intervir máis de 70 mil quilos de haxix.
Os seus compañeiros resaltaron a súa dedicación e compromiso co seu traballo e a loita contra o tráfico de droga, tamén a súa discreción, sempre afastado dos focos.
Ademais da homenaxe da vixilancia aduaneira. A Garda Civil, o equipo contra o crime organizado, o equipo de delincuencia organizada antidroga, a policía nacional e a unidade de droga e crime organizado de Pontevedra trasladaron as súas condolencias polo xefe de aduanas falecido.
O enterro de Lino Alonso tivo lugar hoxe en Origueira, a súa vila natal.