O Centro de Iniciativa Turística denuncia unha ‘acampada salvaxe’

    caravanas_copy100.jpgO GROVE> San Vicente do Mar, A Bodeira, Con Negro ou o Porto Deportivo son algúns dos destinos que os turistas escollen para instalarse coas súas autocaravanas. O Centro de Iniciativa Turística asegura está prohibida por lei.

    {flowplayer}images/salnes/DENUNCIAS_AUTOCARAVANAS.flv{/flowplayer}

    Medidas urxentes ante unha situación que o Presidente do CIT, José Manuel González, define como acampada salvaxe e incontrolada que se está a producir en zonas protexidas e de interese turístico. Por iso, pide ó concello que tome as medidas necesarias para erradicar con esta situación a fin de que O Grove non se converta nun destino turístico de autocaravanas.

    O propio alcalde da localidade, José Antonio Cacabelos, asegura que xa están tomando medidas ó respecto. Ademais, comprometeuse a habilitar unha zona dentro do municipio para o estacionamento das autocaravanas.

    Opinións contrarias entre os veciños e turistas que elixen O Grove coma destino turístico.

    A pesares das palabras do alcalde de O Grove, esta mañá aínda se podían ver varias autocaravanas aparcadas por diferentes espazos protexidos do concello.

    Redacción Salnés