O Porto vilagarcián e Ravella acordan reorganizar os horarios dos trens polo caos no tráfico

VILAGARCÍA>  O Porto de Vilagarcía e o goberno local acordan estudar de maneira conxunta horarios alternativos ó tren portuario, para evita-lo caos no tráfico rodado. A decisións tomárona a Presidenta da Autoridade Portuaria e o alcalde de vilagarcián nunha xuntanza, despois de meses sen ningún tipo de encontro.

Polo de pronto, esta semana só circulará un dos dous convois previstos. Farao adiantando o horario do percorrido ás 10 da mañá.

O caos circulatorio que provocan en Vilagarcía os trens portuarios que atravesan a cidade levou a Ravella a solicitar unha reunión coa Autoridade Portuaria. É o primeiro encontro en meses entre a presidenta dese organismo e o alcalde vilagarcián. Nesa xuntanza, Sagrario Franco como Alberto Varela  acordaron reorganizar, de xeito conxunto, os horarios de paso dos convois con destino a Ferrazo.

Sobre a mesa, seica xa se puxeron posibles horarios alternativos ós actuais.

De momento, esta semana só vai circular o tren portuario o venres e vaino facer adiantando a súa hora de partida ás 10 da mañá. Con todo, a previsión da Autoridade Portuaria é incrementa-lo volume de viaxes.

Despois de meses sen encontros, Alberto Varela celebra que o goberno local e a Autoridade Portuaria senten falar con normalidade. Recoñece que, en moitas ocasións, os seus intereses difiren, pero confía en que ambas institucións traten de entenderses en asustos, di, que afectan a toda á cidade e ós seus habitantes.