![]()
VILANOVA> Alega que non conta co respaldo dos asociados na campaña contra a macroárea. Baséase no reconto de alegacións en contra presentadas, 248. Marcos César González advirte a Durán que non bote as campás ó voo.
{flowplayer}images/salnes/CENTRO_COMERCIAL_VILANOVA.flv{/flowplayer}
Rematado o prazo para a presentación de alegacións, do total rexistrado no concello de Vilanova, 248, todas, menos trece, proceden de comerciantes que asinaron o documento en contra promovido polo Consorcio. Para o rexedor vilanovés esta cifra evidencia un fracaso na campaña en contra da macroárea impulsada polo Consorcio. Pide a súa dimisión, pero Marcos César González asegura que esa non será a vía para librarse dos que se opoñen ó proxecto.
O presidente do Consorcio asegura que se só se presentaron esas 235 alegacións foi por falta de tempo, debido ós atrancos postos polo concello vilanovés para que os seus avogados accedesen á documentación necesaria para redactar a alegación tipo.
Marcos César González reta tamén a Gonzalo Durán a valorar a alegación presentada polo Consorcio, na que asegura, se acredita con datos que os terreos nos que se pretende levantar o edificio non son recalificables, e incluso se apuntan algunhas irregularidades na adquisición dos mesmos.
Mentres, o alcalde de Vilanova insiste en que a campaña en contra da Macroárea ten máis tintes políticos que comerciais, e carga especialmente contra Vilagarcía.
O presidente do Consorcio entende que haxa concellos que non se pronunciasen sobre o asunto por non interferir en cuestións de goberno que afectan a outros municipios, pero lembra a Durán, que o Centro Comercial é un proxecto supramunicipal, e as súa repercusión si afectará a máis municipios que a Vilanova.
Redacción Salnés








