A exaltación da xouba de Rianxo reforza o seu programa con tres días de festa

    RIANXO> Rianxo acollerá este a ano a vixésimo terceira edición da festa da xouba. Esta cita clásica renovarase este ano cun amplo programa de actividades que darán comezo xa o día dezasete. O obxectivo é promocionar a hostalería e o comercio local. Este ano, a festa da xouba transcende a tradicional degustación gastronómica do 25 de xullo. Os actos festivos darán comezo xa na fin de semana previa con sesións de showcooking no restaurante Casa Pachín, actuacións musicais e a ruta da xouba polos distintos locais hostaleiros da vila. O día grande seguirá a ser o 25 de xullo que comezará coa arribada a porto e apertura da degustación. Como en anteriores edicións celebrarase tamén a regata de traíñas e pecharase a xornada co concerto a cargo de Pandeiromus. O programa de actividades deseñado conxuntamente polo concello e a asociación rianxeira de empresarios busca implicar á hostalería e ó comercio rianxeiro nesta celebración que á súa vez repercutirá en forma de beneficios nos sectores locais.